Luar - Mural de Harsa- FINAL

Luar

Rexenera Fest 2021 – 7ª edición

Harsa inspirouse na costa que rodea Carballo para crear o seu mural. A localidade pertence á zona xeográfica coñecida como Costa da Morte, un espazo de espectacular beleza e mar embravecido, que se gañou o sobrenome grazas á multitude de naufraxios que sufriron as súas costas ao longo dos séculos. Algúns deles da armada inglesa, quen empregou o nome de Costa da Morte para referirse a este litoral galego non hai moito máis de cen anos atrás. Tamén son moitas as lendas, historias e contos populares sobre mitoloxía mariña, naufraxios, pirataría, pillaxe e demais liturxia que poboan o imaxinario colectivo da zona, sobre ela e os seus habitantes, uns máis certos que outros.

Profundando e investigando ao redor destas lendas e contos populares sobre naufraxios e mitoloxía mariña, Harsa armou hábilmente esta composición infestada de poética e fantasía, que fai referencia a unha conxugación de varias lendas e na que unha sirena xigante guía aos navíos que navegan pola costa para evitar ser presa do fatídico final. A súa linguaxe traballa unha sofisticada síntese coa que consegue resumir unha paisaxe narrativa nunha soa imaxe. Unha habilidade sutil e sensible, froito do traballo de concreción a través do modelado e o estudo das formas, as cores e a composición final.

Luar - Mural de Harsa- FINAL

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This