
KLK MANIN
- Tucho (Antón Díaz)
Nunha xanela ao Atlántico descansa unha muller na beira do mar. Asemella levitar, tranquila, mirando ao horizonte mentres a mirada do espectador interrompe este momento íntimo. Na area da praia hai unha chea de pintadas que reflicten, en contraposición á muller, unha pintura máis primaria, urbana e visceral: froito da necesidade humana de deixar pegada. En honor á verdade, as pintadas tamén son froito da árbore da picaresca. No horizonte están as Illas Sisargas, máis aquí teñen forma de molete pois este mural é “máis de Carballo que o pan”-