Irodoru
- Elin Kawa (Elin Kawa)
A artista xaponesa Elin Kawa deixou a súa pegada noutra das escolas históricas de Carballo, a de Pacita, na rúa Alfredo Brañas, 39.
?? (Irodoru) – Colorear fai referencia a este mural que destaca polas suas cores vivas . Un cervo é o elemento central do mural, cuns grandes cornos que medran ou minguan segundo se proxecte neles a sombra da palmeira que está xunto á escola.
Cores fortes e vivas visten o debuxo, no que se mestura pintura con spray e con outros elementos.