Foto principal mural In Ictu Oculi

In Ictu Oculi

Derrubando muros con pintura 2015

IN ICTU OCULI, frase en latín que significa “nun abrir e pechar de ollos”, fai referencia ao paso do tempo, á fugacidade da vida. Está na liña da pintura de vanitas, moi característica do século XVII, sobre todo nos bodegóns. A mensaxe que pretende transmitir é a inutilidade dos praceres mundanos fronte á certeza da morte, “Vanidade de vanidades, todo é vanidade”.
Do colorido que caracteriza o seu mural Saltimbanquis dedicado ao mundo do circo, Emi de las Heras cambiou de rexistro nesta obra pintada sobre fondo negro na fachada da parte máis recente do IES Alfredo Brañas. A escena dunha pirata que contempla o mar de noite, acompañada por un loro e un peixe, e rodeada doutros símbolos como o cranio, as burbullas, as estrelas, e os escintileos da auga, recórdanos a fraxilidade e a brevidade dos momentos, da existencia. A cabeleira, moi esaxerada, tamén é un símbolo do paso do tempo. Este é un elemento protagonista nunha serie realizada pola pintora que leva por título: Cabelo e Ornamento.
Formalmente, é unha composición que xoga coa sinxeleza da cor e da forma, cores planas e formas xeométricas que crean unha composición lixeira sobre o fondo negro. A imaxe ten un tratamento entre a pintura e o debuxo, xa que moitos dos elementos como o peixe ou o corpo da pirata están realizados a base de liñas brancas.

Foto mural In Ictu Oculi, 1 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 2 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 3 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 4 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 5 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 6 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 7 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 8 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 9 de 10
Foto mural In Ictu Oculi, 10 de 10

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This