I missed you…
- Natalia Rak (Natalia Rak)
A polaca Natalia Rak é moi coñecida polos seus xigantes retratos nun estilo moi colorista, detallado e que se achega a mundos oníricos e case surrealistas.
En Carballo deixounos a súa pegada durante o Rexenera Fest de 2016 co gran mural titulado “I missed you…”, no que a artista representou unha imaxe directa que racha conceptualmente cos seus anteriores traballos, levándonos a un plano máis romántico dentro da súa traxectoria. Unha historia de amor representada nun único fotograma, que brinda homenaxe a aqueles vellos filmes dos anos 40 ou 50 nos que dous amantes se funden nun poderoso abrazo a punto de darse un bico no intre no que a tensión dramática chega ao seu éxtase meirande. Un abrazo ao abrigo da choiva, unha imaxe icónica e universal.