Homenaxe a Buño - Mural Marta Lapeña - FINAL

Homenaxe a Buño

Rexenera Fest 2021 – 7ª edición

olería de Buño (Malpica – A Coruña), é unha das máis ancestrais e recoñecidas de Galicia, oficio clave, principal sustento e símbolo emblemático desta pequena localidade da comarca de Bergantiños. A obra de Marta Lapeña adscríbese e establece vínculos co territorio no que intervén e os compoñentes culturais locais son cruciais nas súas narrativas. Unindo estes dous cabos creouse unha sinerxia entre estes dous actores, e dun encontro eficaz, xerouse unha nova obra de arte que ademais actúa como homenaxe e ferramenta de visibilización de toda esa tradición ancestral, que segue moi viva e que soubo sobrevivir aos tempos conxugando tradición e vangarda. Só houbo que unir as pezas, levar á artista a Buño, e despois, Marta, tachán!, fixo a súa maxia.

Cunha pincelada solta e precisa, e unha gama cromática luminosa e saturada,  inspirada nos bordados e estampados con motivos oleiros de outrora (panos, chales e vestidos), a composición adquire un poder visual dunha potencia indubidable, que ademais dá a benvida a Carballo aos que entran ao centro pola estrada que vén precisamente de Buño. Profundos agradecementos ao Ecomuseo Forno do Forte, á artesá Carmen Isabel e á tenda-taller falsete por abrirnos as súas portas e colaborar activamente para que isto sucedese.

Homenaxe a Buño - Mural Marta Lapeña - FINAL

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This