Foto principal mural Home Carballo

Home Carballo

Rexenera 2016 – 2ª edición

O galego Nö3l é sen dúbida algunha un dos principais talentos da arte urbana galega. O seu estilo destaca por unha forte expresividade moi influenciada pola xestualidade das linguaxes da banda deseñada e unha técnica pictórica complexa e graficamente densa.
Neste impresionante mural de grandes dimensións que titulou “Home Carballo”, o artista galego xoga cunha composición narrativa formada por tres viñetas que podemos ler de esquerda a dereita e nas que narra unha pequena historia que brinda homenaxe á nosa vila. Na parte esquerda, emerxe unha figura masculina semihumana, a cabalo entre árbore (carballo) e home, que brota de entre as pedras (dolmen) para mutar de árbore a humano. Mentras que no lado dereito, vemos a progresión inversa na figura dun animal con caracteres femininos, a medio camiño nunha mutación de animal a humano. A imaxe conxunta representa a dualidade entre o masculino e o feminino e a simbiose entre o humano e a natureza, mesturando estes dous conceptos como obxectivo para atopar un equilibrio de convivencia e harmonía entre ámbalas dúas realidades.
É unha homenaxe á vila de Carballo e á árbore en si mesma, unha profunda reflexión sobre o devir da nosa especie en relación co medio no que vivimos.

Foto mural Home Carballo, 2 de 8
Foto mural Home Carballo, 3 de 8
Foto mural Home Carballo, 5 de 8
Foto mural Home Carballo, 6 de 8
Foto mural Home Carballo, 7 de 8
Foto mural Home Carballo, 8 de 8

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This