Helen - Elisa Capdevila

Helen

Rexenera Fest 2020 – 6ª edición

Elisa Capdevila continúa nesta obra coa súa liña de traballo, na que acostuma representar imaxes baseadas na súa realidade máis cotiá. Elisa, neste caso, déixanos este mural que evoca un momento de introspección e silencio, elementos que estiveron especialmente presentes na vida de moitos/as de nós nos meses de confinamento por mor da pandemia provocada pola COVID-19.

A composición representa unha imaxe apracible, tranquila e cotiá, que alude á seguridade do fogar, xerando esa atmosfera a través dunha luz tenue e intimista no tratamento do espazo. Isto contrasta coa figura que destaca polo traballo da luz, máis cálida e intensa, e que nos fai levar a mirada cara ao personaxe principal. Este mural pode visitarse na Rúa Venezuela, nº 24.

Helen - Elisa Capdevila
Helen - Elisa Capdevila no Rexenera Fest 2020

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This