Foto principal mural Eu vivo nun bote no medio do mar

Eu vivo nun bote no medio do mar

Derrubando muros con pintura 2015

Lola Oviedo naceu e vive en Caión. Dende alí pode ver o mar a diario e os barcos que, por esta nosa autoestrada oceánica, se dirixen aos máis distintos confíns do mundo. O que non pode ver, porén, é a costa carballesa, Razo e sobre Baldaio, a quen Lola considera o noso Serengueti.
A obra, segundo a autora, pretende narrar a paisaxe visual do mar desde Carballo, se iso fose posible, e os seus edificios. Con liñas minimalistas, no seu mural, nas paredes do pavillón Carballo Calero, representa á vista da costa carballesa dende un punto elevado, poñamos por caso, dende o Monte Neme. Nela recóllese unha viaxe que percorre as corredoiras que nos levan cara o mar por Lema, a lagoa de Baldaio, o inmenso Atlántico, o porto de Caión á dereita e o de Malpica á esquerda.
O mural pretende ser unha mirada sobre o areal de Baldaio, Caión a un lado, Malpica ao outro, e os camiños que aló nos conducen… Unha mirada á parte norte da Costa da Morte, aos barcos que ata non hai moito poboaban esta parcela de Océano convulso e frondoso.

Foto mural Eu vivo nun bote no medio do mar, 1 de 6
Foto mural Eu vivo nun bote no medio do mar, 2 de 6
Foto mural Eu vivo nun bote no medio do mar, 3 de 6
Foto mural Eu vivo nun bote no medio do mar, 4 de 6
Foto mural Eu vivo nun bote no medio do mar, 5 de 6
Foto mural Eu vivo nun bote no medio do mar, 6 de 6

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This