Foto principal mural Espello

Espello

Rexenera Fest 2017 – 3ª edición

Animalitoland é o universo visual de Graciela Gonçalves Da Silva, artista arxentina de procedencia portuguesa e afincada actualmente en Madrid. Un mundo de máxicas criaturas que se alimentan de sentimentos e que adoptan múltiples formas e cores, convidándonos a saltar dentro da imaxe e escoitar como o noso eu oculto nos murmura unha pequena canción.
En palabras da artista: “Vivimos acosados por unha escuridade que lentamente fainos adormecer. Penso que o imaxinario e a sensibilidade son ferramentas esquecidas que precisan máis adestramento. Conectarse con estraños de todas as orixes e culturas fíxome cavilar nesta linguaxe universal que todos coñecemos instintivamente mais que non necesariamente falamos todos os días”.
A obra que deixou na Rúa Rio Anllóns fala dos encontros, das vivencias que podemos ter con outras persoas e como nos marcan deixando impregnados recordos e marcándonos dalgún xeito.
Sendo fiel ao seu estilo, próximo á ilustración infantil e ao mundo da animación, móstranos dúas figuras que parecen case mimetizarse, dúas figuras de mundos moi diferentes pero que pouco parece importar á hora de compartir vivencias. A obra destaca pola súa cor, especialmente pola gran saturación empregada, o que fai que teña un gran impacto visual sobre o espectador.

Foto mural Espello, 1 de 9
Foto mural Espello, 2 de 9
Foto mural Espello, 3 de 9
Foto mural Espello, 4 de 9
Foto mural Espello, 5 de 9
Foto mural Espello, 6 de 9
Foto mural Espello, 7 de 9
Foto mural Espello, 8 de 9
Foto mural Espello, 9 de 9

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This