Sen título - Mural de MOU - FINAL

Equilibrio da dualidade

Rexenera Fest 2021 – 7ª edición

As obras de MØU reflexionan sobre a fraxilidade do equilibrio no crecemento, tanto colectivo coma individual, entre esa presunta tradición e ese suposto e venerado progreso… Neste caso tráenos esta imaxe dual, tan potente e evocadora, que agocha unha narrativa poética na que semella falarnos outra vez tamén dun equilibrio, máis en concreto da balanza entre os elementos antónimos que se compensan nas relacións humanas, pero dende un plano emocional.  Cómo as persoas necesitámonos uns aos outros nas propias relacións que emprendemos ou mantemos, cando unha prende unha chama, quizais a outra tende a apagala, sexa do xeito que sexa, e viceversa.

Dalgunha maneira uns tiramos dos outros e compensámonos mutua e reciprocamente para seguir adiante. Ese equilibrio emocional, tan necesario nas relacións, de parella, de amizade, de traballo, é do que MØU nos está a falar neste mural,  e da correcta compensación entre esos elementos para conseguir un sustento desa dualidade no tempo.

Equilibrio da dualidade - Mural de MOU - FINAL

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This