Sokram - Entropías y distopías

Entropías e distopías

Rexenera Fest 2020 – 6ª edición

Durante o Rexenera Fest 2020 Sokram creou o mural “Entropías e distopías”. En palabras do artista: “Hai quen valora o material por enriba de todo o resto, priorizando a acumulación da maior cantidade posible de bens ao longo das súas vidas. Algo que supostamente achega unha sensación de satisfacción e de seguridade para presente e futuro. Tamén existe quen ve o tempo como o único e verdadeiro tesouro que posuímos, aquel que pode dedicar a desenvolver o que verdadeiramente lle fai sentir paixón, equilibrándoo e facéndoo medrar por dentro… Tanto, que lle fai esquecer todo o que non ten importancia… como afeitarse por exemplo”.

Neste mural Sokram está a falarnos de equilibrio vital e de fugacidade, de prioridades  e malabarismos nunha espiral que non podemos facer que pare de virar, pero si, quizais, escoller con cales elementos nos quedamos e a cales lles outorgamos todo o valor e a prioridade que se merecen. Esta idea vese reforzada por un ingrávido horror vacui no que todos os elementos parecen flotar no espazo ao redor da figura principal, que actúa como fío condutor e nexo entre eles. Símbolos dourados que representan un xogo de malabarismos conceptual, que contrasta cos tons fríos e profundos que representan o incerto universo creativo. Todo baixo unha liña certeira e omnipresente que adquire a función definitoria e de cohesión necesaria en toda a composición. O mural atópase na Avenida da Milagrosa, 71.

Sokram - Entropías y distopías
Sokram - Entropías y distopías
Sokram - Entropías y distopías
Sokram - Entropías y distopías
Sokram - Entropías y distopías
Sokram - Entropías y distopías
Sokram - Entropías y distopías
Sokram

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This