Foto principal mural Elefante

Elefante

Derrubando muros con pintura 2016

A obra de Mon Lendoiro agocha unha historia que ten que ver coa vida, coa inocencia e co mundo infantil, pero tamén coa esperanza ante a diversidade. O protagonista é un elefante rosa, acompañado dun neno e unha nena, dos animais que conviven con eles na selva e dun can, o amigo fiel. No mural reflíctese un submundo incrible e orixinal, propios dos cativos, como sinala o autor, quen se inspirou nun soño que tivo durante unha estancia no hospital.
Ao igual que o seu anterior traballo para o proxecto Derrubando muros con pintura fronte á Biblioteca do Rego da Balsa, o muro da rúa Luís Calvo tamén amosa unha estética infantil, naïf. Neste sentido, Lendoiro coincide co pintor xaponés Yoshiro Tachibana en afirmar que “a infancia é un submundo, ao que sempre paga a pena voltar porque os adultos somos aburridos e perdemos a inocencia; medramos e esquecemos a forma que tiñamos de ver o mundo”. Este debuxo xa foi escollido en Santiago de Compostela para simbolizar a loita contra o cancro.

Foto mural Elefante, 1 de 7
Foto mural Elefante, 2 de 7
Foto mural Elefante, 3 de 7
Foto mural Elefante, 4 de 7
Foto mural Elefante, 5 de 7
Foto mural Elefante, 6 de 7
Foto mural Elefante, 7 de 7

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This