Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020

Din que chove

  • Reskate (María López  y Javier de Riba)
Rexenera Fest 2020 – 6ª edición

En palabras de Reskate, creadores do mural, “Din que chove” está extraído dunha viñeta do pintor e político galego Castelao “Mexan por nós e din que chove”. “Con esta intervención queremos poñer o foco na problemática dos incendios en Galicia, pero sobre todo en como se informa sobre o tema. Hai demasiados intereses detrás como para crer que son simples accidentes con queima de restrollos ou accións de pirómanos. Hai que desmantelar o negocio do lume”.

María e Javi déixannos esta peza tan reivindicativa e necesaria que, a través do seu hábil manexo dos códigos do deseño gráfico e a publicidade, conseguen eficazmente o seu obxectivo final: transmitir a mensaxe nun único e veloz golpe de vista. Coma se dun cartel antigo tratásese, conforman unha imaxe sintética e simbólica na que o paraugas ardendo acompañado da frase “din que chove”, funcionan como perfecta denuncia sobre o tratamento informativo e o lucro que se esconde detrás dos incendios que arrasan Galicia ano tras ano. O mural está situado na Rúa Santa Ana, nº 10.

Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020
Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020
Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020
Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020
Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020
Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020
Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020
Din que chove - Reskate no Rexenera Fest 2020

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This