Crianças
- Nazaret (Nazaret Franco Rodríguez)
O mural «Crianças» («Nenos») de Nazaret está situado na rúa Igrexa (zona parking do San Martiño). Ten a súa inspiración nas fotografías de Sebastião Salgado un fotógrafo e fotoperiodista brasileiro moi coñecido polas súas imaxes de persoas en países menos desenvolvidos ou en situación de pobreza, xeralmente en branco e negro. Nazaret realiza unha interpretación destas nenas e nenos da guerra retratados por Salgado. Procurou plasmar a gran contradición que revelan as obras do fotógrafo: nenos sen infancia.
- Se queredes coñecer mellor o proceso creativo de Nazaret cando traballaba no seu mural, aquí tendes a playlist de Spotify que escoitaba mentres pintaba. Hai temas de Verto, C. Tangana ou El Combo Dominicano! – https://bit.ly/PlaylistNazaret