
Costa da Morte
- Cinta Vidal (Cinta Vidal Agulló)
Cinta Vidal fórmase na Escola de Massana de Barcelona e a idade moi temperá comeza a traballar no Taller de Escenografía Castells. De aí a súa pincelada e o gusto polo detalle.
Cinta acostuma representar inconexións co mundo que nos rodea, realidades paralelas que se reflicten suprimindo a dimensión gravitatoria. A súa obra é unha reflexión sobre a orde e desorde dos elementos, dos mundos e das ideas. Historias que conviven sen chegar a cruzarse.
«É un desafío a entender este equilibrio desequilibrante»
Nesta ocasión Cinta agasallounos cun mural deseñado exproceso para Carballo e que leva por título “Costa da Morte”, no que se fusionou literalmente con esta parede e no que retrata certos rasgos predominantes da arquitectura propia de Carballo como as casas con galerías, casas con cubertas de tella e os peculiares horreos da comarca, que fan referencia directa a algunhas construccións da propia vila.
En consonancia con todo o seu traballo anterior, utiliza a arquitectura como elemento narrrativo crucial da obra pero introduce elementos menos usados na súa traxectoria como montañas e acantilados, que volteados e faltos de gravidade adquiren unha expresividade e un vértigo especial.