Foto principal mural Carapuchiña feroz

Carapuchiña feroz

Derrubando muros con pintura 2014

Non podía haber motivo máis acaído que un conto infantil para o edificio da actual Ludoteca Municipal, a antiga escola da vila construída nos anos 20 do século pasado.
Nela represéntase unha peculiar escena do conto popular “Carapuchiña vermella”, pero Susana Llorente e Carlos Fernández ofrécenos unha carapuchiña distinta, que se pon mesmo a carauta de lobo e que, rachando cánones, deixa de ser vítima e pasa a ser ela a feroz.
Nesta obra podemos observar un bosque de carballos onde unha pequena carapuchiña cun anteface de lobo nunha noite de lúa chea, invita ao espectador a introducirse nese bosque, nese mundo de fábula, de aventura e de misterio. A personaxe desafía así aos medos e rompe cos estereotipos, rebelde e sen medo toma as rendas da súa vida e decide emprender un novo camiño co firme propósito de explorar e conquistar outras realidades posibles. Carapuchiña valente, posúe a ferramenta máis poderosa, a súa liberdade, e unha pola de carballo coa que defenderse dos posibles lobos que atope no camiño. O mural segue unha estética moi ilustrativa que presenta reminiscencias dos debuxos para contos infantís.
Na parte baixa da escena, recóllense uns versos de Luís Seoane: “Nesas paredes que semella que agardan pobres, humildes, silenciosas, entrego a miña mensaxe”.

Foto mural Carapuchiña feroz, 1 de 10
Foto mural Carapuchiña feroz, 2 de 10
Foto mural Carapuchiña feroz, 3 de 10
Foto mural Carapuchiña feroz, 4 de 10
Foto mural Carapuchiña feroz, 5 de 10
Foto mural Carapuchiña feroz, 6 de 10
Foto mural Carapuchiña feroz, 7 de 10
Foto mural Carapuchiña feroz, 8 de 10
Foto mural Carapunchiña feroz, 9 de 10
Foto mural Carapunchiña feroz, 10 de 10

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This