Foto principal mural Caracola do soño mareiro

Caracola do soño mareiro

Derrubando muros con pintura 2014

Nunha das paredes traseiras do vello edificio da antiga escola Leus, coñecida como “a de Pallas” que, aínda que leva anos baleira, está cargada de recordos de infancia de moitos carballeses e carballesas, atópase a obra de Santi Picos,ao carón do mural de Antonio Taracido, que ambos pintaron á vez.
O mural ”Caracola do soño mareiro” é unha mostra da linguaxe visual onírica no que Picos representa unha paisaxe mariña, na que os diferentes elementos que aparecen están feitos de xeito que evoquen un soño: unha caracola, en primeiro plano, está pousada sobre unha rocha co mar como fondo e unha illa.
A escena mariña está en estreita relación coa relevancia dos espazos costeiros de Carballo, Razo e Baldaio. Tanto na temática como no estilo, en Caracola do soño mareiro pódese obsevar unha clara influencia do artista surrealista galego Urbano Lugrís, sen chegar a presentar un acabado da obra tan cheo de detalles.
“En certo modo, a idea era un pouco máis xenérica ao principio, pero o propósito de representar unha paisaxe mariña era o de destacar a beleza e importancia da costa galega e, dada a situación do mural e o seu contido, a xente que o observe pode relacionalo cos espazos de Razo e Baldaio que son parte do concello de Carballo. Pero, perfectamente, o mural está adicado a calquer espacio natural mariño, posto que non se corresponde con ningún lugar en concreto.”

Foto mural Caracola do soño maneiro, 1 de 7
Foto mural Caracola do soño maneiro, 2 de 7
Foto mural Caracola do soño maneiro, 3 de 7
Foto mural Caracola do soño maneiro, 4 de 7
Foto mural Caracola do soño maneiro, 5 de 7
Foto mural Caracola do soño maneiro, 6 de 7
Foto mural Caracola do soño maneiro, 7 de 7

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This