Foto principal mural Cara liberdade,

Cara liberdade

Derrubando muros con pintura 2016

Nesta intervención da rúa Vila de Negreira do número 38, o artista multidisciplinar local, Miguel Anxo Calvo, de alcume O’Mighelo, quixo reflexar a súa visión sobre ciclo ou “circo” da vida. Según palabras do propio autor: “Cara a liberdade, en busca da liberdade (case sempre,…cara liberdade); querendo ou sen querer, o certo é que con bastante máis asiduidade da que ás veces somos conscientes, moi poucos remorsos, e case que total impunidade, vertemos regueiros de sangue no seu nome, “liberdade”; libremente, e sen importarnos o máis mínimo as bágoas, tamén de sangue, das demais persoas que perden a súa…” Así, a temática deste mural é a loita pola procura da liberdade, que ás veces sae cara e incluso custa a vida e moito sangue. A figura que simula un acróbata pendurado dun fío representa o camiño do ser humano na vida, acompañado da noción do incerto que en ocasións conleva a persecución dunha nova vida, co descoñecemento do destino, de aí os signos de interrogación que se poden ver ao redor do “acróbata”. O concepto de vida é representado polo cordón umbilical, que suxeitado por dous cativos, está conectado ao outro extremo a un arame de espiñas con forma de corazón, como símbolo da conexión vida-morte nese contexto de incerteza (globos).

Foto mural Cara liberdade, 1 de 12
Foto mural Cara liberdade, 2 de 12
Foto mural Cara liberdade, 3 de 12
Foto mural Cara liberdade, 4 de 12
Foto mural Cara liberdade, 5 de 12
Foto mural Cara liberdade, 6 de 12
Foto mural Cara liberdade, 7 de 12
Foto mural Cara liberdade, 8 de 12
Foto mural Cara liberdade, 9 de 12
Foto mural Cara liberdade, 10 de 12
Foto mural Cara libertad, 11 de 12
Foto mural Cara libertad, 12 de 12

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This