Blade Trinity- Mural de Iván Floro/Van Vúu - FINAL

Blade Trinity

Rexenera Fest 2021 – 7ª edición

Bouguereau foi o máximo expoñente do academicismo francés do século XIX e un mestre do tratamento plástico anatómico e da pel. O  rapto de Psique é quizais un dos seus cadros máis emblemáticos. Van Vúu, aos seus 28 anos, é xa un virtuoso na resolución das peculiares imaxes que escolle para os seus traballos pictóricos, dominando a súa propia linguaxe con gran destreza e rapidez nestas escalas enormes. “Só hai que velo pintar ao cabrón”, dicía un en Carballo…

Este mural son quizais moitas cousas á vez. Un zoom co scroll do rato a un cadro antolóxico, unha homenaxe á pintura e ás técnicas dos mestres de outrora que admira, un canto a todos os abrazos que non nos demos nos últimos tempos, ou quizais, a ese rapto dos abrazos roubados, quen sabe? Non sabemos moi ben si o bo de William-Adolphe imaxinou algunha vez que un punk do século XXI como Iván Floro, aka Van Vúu, se atreveria a profanar a súa obra e á vez elevala, facerlle zoom e aumentala de escala desta maneira, troleándole a el e a si mesmo antes de que viñese ninguén a facelo. Pero a cuestión é, que si, que se fixo, no Rexenera Fest 2021, en Carballo, e que ademais, parece ser que os tribais volven a ser trendy…

Blade Trinity- Mural de Iván Floro/Van Vúu - FINAL

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This