Artemisia Vulgaris
- Doa (Doa Ocampo Álvarez)
“Artemisia Vulgaris” // Serie Reforestando
Pranta que medra nas rexións de clima temperado en Europa, Asia e o norte de África, con grandes propiedades medicinais: acción estroxénica, emenagoga, antiinflamatoria, analxésica, estimulante, dixestiva, carminativa, antiséptica, antimicrobiana, antiparasitaria e astrinxente.
Os seus principios activos: O aceite esencial con cineol, linalol, eucaliptol, alcanfor e tuyona. Contén tamén vitamina A,B e C.
Considerada como unha das primeiras que foron usadas polo ser humano. Na menciña popular tradicional úsanse as frores, os tallos e as follas. Ao igual que a deusa grega, é a gran protectora da muller, pois, ademáis de brindarlle o seu máis incondional apoio máxico, é un dos maiores remedios para todas as doenzas e enfermidades da muller.
Adquire un gran protagonismo na noite de San Xoán, unha noite máxica, onde, como substituto do Grial, emprégase xunto a outras herbas griálicas no tradicional caldeiro de cobre ( que representa o recipiente griálico) para elaborar a poción máxica que potencia o poder mental, cristaliza os desexos e favorece a saúde e a sorte durante todo o ano. Para este mesmo fin lávanse a cara e as mans co líquido da poción e queimase a pranta nas típicas fogueiras rituais.
As súas raíces relaciónanse cas correntes telúricas e ós antigos cultos de tipo matriarca. A Artemisa é a herba do viaxeiro. Protexe as viaxes. É unha pranta de tipo iniciática e posúe a habilidade para revelar as claves do saber que se foi perdendo co paso dos anos. Úsase moito na feiticería e bruxería, era porque se dicía que inducía soños lúcidos e viaxes astrais. Ademáis de producires en quén a toma un estado alterado de conciencia moi axeitado para a iniciación e o desenrolo das facultades paranormais da mente (como a videncia), é unha gran catalizadora das enerxías telúricas…