Foto principal mural Amañecer

Amañecer

Derrubando muros con pintura 2014

Un gran oso que semella saír da propia parede na rúa Vázquez de Parga, 120 é o protagonista do mural de Laura Tova. O seu título, Amañecer, fai referencia ao inicio da vida, na súa orixe a palabra significaba “amar nacer” cada día. A auga, moi presente no mural simboliza a vida mesma, así como o oso de cor branca, a pureza. Os elementos xeométricos fan alusión á natureza dentro do universo, onde a xeometría é a orixe.
O traballo da artista, de carácter tamén ilustrativo e narrativo, destaca pola habilidade coa que integrou o debuxo coa textura irregular da parede, a cal mantén a súa aparencia orixinal, sen ter sido branqueada. Tal é así que semella que o gran oso branco emerxe da propia parede para saudar un novo día.

Foto mural Amañecer, 1 de 10
Foto mural Amañecer, 2 de 10
Foto mural Ameñecer, 3 de 10
Foto mural Amañecer, 4 de 10
Foto mural Amañecer, 5 de 10
Foto mural Amañecer, 6 de 10
Foto mural Amañecer, 7 de 10
Foto mural Amañecer, 8 de 10
Foto mural Amañecer, 9 de 10
Foto mural Amañecer, 10 de 10

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This