Foto principal A Pena da Moura

A Pena da Moura

Rexenera 2015 – 1º edición

Ao longo da historia foron moitos os pesos, físicos e tamén metafóricos, que as mulleres galegas cargaron sobre os seus ombros. Cestas de peixe, leiteiras, feixes de herba, bolsas da compra, mercadorías da feira, ou o gran peso da vida sobre as súas costas. O mural de Nömada é unha homenaxe ao matriarcado, en concreto ás mulleres galegas, e está inspirado na lenda local da Pedra Moura. A figura feminina do mural é a representación desta lenda, que explica a orixe do dolme de Aldemunde. Conta a historia que a moura da lenda levaba unha pedra na cabeza mentres ía fíando e cando estaba xa moi cansa deixouna no chan, e a pedra medrou. A protagonista desta obra tamén aparece fíando, facendo un tapiz que representa ás mulleres galegas que antigamente levaban a cesta á cabeza, transportando as mercadorías das actividades comerciais daqueles tempos. No muro pódense ver un total de seis mulleres, cada unha delas portando direferentes produtos, facendo fincapé nos distintos oficios da época e destacando a importancia vital da figura da muller no desenvolvemento da nosa sociedade pasada e actual.
O estilo pictórico do artista, natural de Almería pero residente en Santiago de Compostela, é complexo e denso, posto que está cheo de simbolismos e metáforas visuais que conteñen reflexións profundas sobre a sociedade contemporánea e a condición humana.

Foto mural A pena da Moura, 2 de 13
Foto mural A pena da Moura, 3 de 13
Foto mural A pena da Moura, 4 de 13
Foto mural A pena da Moura, 5 de 13
Foto mural A pena da Moura, 6 de 13
Foto mural A pena da Moura, 7 de 13
Foto mural A pena da Moura, 8 de 13
Foto mural A pena da Moura, 9 de 13
Foto mural A pena da Moura, 11 de 13
Foto mural A pena da Moura, 12 de 13
Foto mural A pena da Moura, 2 de 13

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This