Foto principal mural A Orixe

A orixe

Derrubando muros con pintura 2014

No mural do graffiteiro Mou, membro na organización do proxecto de arte urbana “Desordes Creativas” e coordinador en varias edicións do Rexenerafest, fixo emerxer, do lateral do edificio que fai esquina entre as rúas qe van a Malpica e a Sísamo, un gran buzo encontrando unha botella, a cal contén unha folla de carballo, a que representa a esencia do pobo. Así a obra amosa a busca da Orixe de Carballo. A zona era antigamente coñecida polos seus mananciais naturalmente medicinais, gracias ás árbores milenarias, as que nutrían de minerais e nutrientes á auga. Mou consegue reflexar esta idea cunha estética moderna, próxima ao cómic europeo, realizada practicamente nunha soa gama cromática, empregando só a cor azul, a cal dota dunha aura de misterio á superficie.
O seu é pura creación graffitteira, con influencias da banda deseñada, o que o diferencia de boa parte das e dos creadores que participan no proxecto, que están máis ligados ao mundo pictórico.
Estivo na esquina entre a Avenida das Flores e a rúa Fábrica ata o mes de decembro de 2017, data na que o edificio acabou derrubándose para mellorar a accesibilidade da zona, coa idea de que Mou faga outro na parede que vai a quedar á vista.

Foto mural a Orixe, 1 de 4
Mural de MØU - A Orixe 1
Foto mural a Orixe, 3 de 4
Foto mural a Orixe, 4 de 4

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This