A liberdade interior
- Bailando na lúa (Nerea Rama Pereiro)
Nere Rama «Bailando na lúa» creou para a Ludoteca Municipal de Carballo o mural «A liberdade interior». Trata da liberdade máis pura que levamos dentro, a mesma que nos fai sentir, florecer, crecer e (re)vivir. A motivación principal que tivo a artista para levalo a cabo foi todo o agarimo que lle desprende a localización e que sempre leva na memoria. Lugar moi frecuentado na infancia e que garda miles de momentos bos. A infancia é o que che marca dalgunha maneira para chegar a ser o que se queira ser co paso dos anos, e é o máis esencial para florecer e ser libre. Amar moito e ter a sorte de ser criada ou criado aprendendo a importancia de ser libre e así poder florecer grazas a ese mesmo feito. Iso é o principal que Nere Rama buscaba transmitir para ese lugar: calma, recordos, paso do tempo e moito amor.
- Se queredes coñecer mellor o seu proceso creativo, aquí tendes nunha playlist de Spotify as cancións que escoitaba mentres pintaba: con Extremoduro, Guadi Galego ou Camila Cabello! – https://bit.ly/PlaylistNerea