Foto principal mural A Harmonía do Contraste

A harmonía do contraste

Derrubando muros con pintura 2014

A italiana Roberta Venanzi, logo de realizar o primeiro mural de “Derrubando muros con pintura” xunto con Paula Fraile, ámbalas dúas coordinadoras ao comezo do proxecto, trasladouse á parte traseira da antiga estación de autobuses da vila, un dos edificios máis emblemáticos de Carballo.
Nun primeiro momento, realizou a parte dereita desta parede industrial, onde aproveitou os módulos nos que xa está dividida a superficie a modo de fiestras, pero realmente non o son. Así, xogando con esta idea de simulación, Roberta proporcionou profundidade a estes espazos mediante cores planas da gama fría (azuis, verdes) das que saen formas orgánicas que amosan un aspecto vexetal. Deste xeito, a artista xogou cunha combinación de figuras xeométricas e formas fluídas, onde intentou crear harmonía onde finalmente non a hai. Trátase dunha pintura completamente abstracta que se integra por completo no entorno no que se sitúa e que nace da observación e o estudio do soporte e a súa estrutura. A idea que tivo Roberta foi a de crear unha situación harmónica partindo dunha estrutura caótica.
Meses despois, seguindo coa intención de crear unha harmonía ficticia, a autora ampliou a obra á parede contigua da esquerda. Nesta, coa mesma estrutura ca anterior, Roberta empregou cores planas da gama cálida (amarelo, laranxa, vermello) buscando o contraste con respecto á intervención anterior, así como tamén representando neste caso formas menos orgánicas.

Foto mural a harmonía do contraste, 2 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 2 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 3 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 4 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 5 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 6 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 7 de 12
Foto mural a harmonia do contraste 8 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 9 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 10 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 11 de 12
Foto mural a harmonía do contraste, 12 de 12

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This