A feira
- Isa Fernández (Isabel Fernández )
No primeiro andar do Mercado Municipal atópase este mural que é diferente ao resto dos que están instalados en Carballo. É un mural de cerámica moldeada a man, con relevo e que emprega cores planos e intensos para representar un evento moi propio de Carballo como é “A Feira”.
A figura principal é o carballo de Santo Antón de Vilardefrancos, na parroquia carballesa de Artes, unha árbore senlleira de varios centos de anos e un porte impoñente, que fan falta unhas cantas persoas para poder abrazalo e que ten un característico ollo onde as mozas botaban pedras para adiviñar cal sería a súa sorte para ter fillos, atopar mozo… Deste carballo caen unhas landras, ou quizais son caras con boinas, algunhas teñen melena, sorrisos… que xunto cuns moletes de pan enriba dun mesado baixo a sombra da árbore, nos fan recordar como os día de feira, Carballo énchese de xente. No lateral, un reloxo deformado ao estilo do de Dalí, dá conta de que o tempo pasa, aínda que non para todos igual.