Foto principal mural A eira das meigas

A Eira das Meigas

Derrubando muros con pintura 2018

Nana (Diana Rodeiro) e Nada (Iria Fafián), compoñentes de 7H Cooperativa Cultural, son as autoras do mural A Eiras das Meigas, inspirado na lenda local do Monte Neme. Este, cunha altitude de 385 metros, situado na costa nos límites entre Carballo e Malpica de Bergantiños, ademais do seu pasado como mina de wolframio, é coñecido polo seu pasado mítico. Preto do cumio, erguíase un cromlech, do que agora non queda nada, a non ser un círculo no chan no que din as lendas que a herba non medra máis. É aquí onde a tradición oral sitúa os aquelarres que facían as meigas e o demo na noite de San Xoán, sentados sobre enormes cadeiras de pedra, para discutir sobre as falcatruadas que lles ían facer aos vivos.
Nesta obra, Nana e Nada dan forma ao seu aquelarre particular mesturando os estilos persoais de cada unha, ben identificables, para narrar unha escena de carácter máxico e místico inspirada neste histórico lugar.

Foto mural A Eira das Meigas, 2 de 9
Foto mural A Eira das Meigas, 3 de 9
Foto mural A Eira das Meigas, 4 de 9
Foto mural A Eira das Meigas, 5 de 9
Foto mural A Eira das Meigas, 6 de 9
Foto mural A Eira das Meigas, 7 de 9
Foto mural A Eira das Meigas, 8 de 9
Foto mural A Eira das Meigas, 9 de 9

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This