Os maiores chegan ao Rexenera Fest con Marina Capdevila

Derrubando muros con pintura, Rexenera Fest

Desde Barcelona chega ao Rexenera Fest a ilustradora freelance Mariña Capdevila. Despois de terminar Belas Artes trasládase a Róterdan durante ano e medio para afondar en deseño grafico, non só estudando, senón tamén facendo prácticas. Á volta, despois de traballar como deseñadora gráfica, decide especializarse máis no mundo da ilustración cursando un posgrao de ilustración creativa.

O que inspira a Mariña é a beleza que non segue os canons habituais, como persoas maiores, personaxes eternos perdidos nunha sociedade na que teñen dificultade para comprender. O que quere comunicar é o desexo de chegar á vellez con plena vitalidade. Os recursos da esaxeración e a ironía son puntos crave nas súas creacións.

Podemos atopar o seu traballo en proxectos publicitarios para marcas como Reebok, Zara, Bershka, Movistar, Estrela Damm, TV3, Freixenet ou en murais en diferentes lugares como Florida, Nova York, California, Suíza, México, Italia, Canadá, Países Baixos, Estados Unidos, Reino Unido, Austria, España…

___________________________________

Máis info: https://www.marinacapdevila.com

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This