¡Localizade todos os murais do Rexenera 2021!

Xuñ 3, 2021 | Arte urbano, Rexenera Fest

Aquí vos deixamos as rúas de todos os murais que se pintarán na edición de 2021 do festival, así como os traballos de edicións anteriores

Se vos achegades por Carballo entre o 3 e o 13 de xuño teredes a oportunidade de ver en directo como os artistas van creando as obras do Rexenera Fest, que este ano chega á súa sétima edición. A evolución dos muros, a técnica que empregan, os bosquexos iniciais… Para que non vos perdades nada, aquí vos deixamos o mapa coas localizacións de cada un do seis murais e así poderedes facer vosa propia ruta.

Tamén vos deixamos o mapa coa localización de todos os murais de arte urbana que se pintaron en todas as edicións anteriores do festival desde o ano 2015, incluíndo os que están en proceso estes días, así como o programa completo en PDF.

Agardámosvos por Carballo!

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This