¡Localizade os murais do Rexenera Fest 2022!
Para que vos fagades unha composición de lugar, aquí están as localizacións de todos os murais desta edición do Rexenera Fest
Se vos achegades por Carballo entre o 2 e o 13 de xuño teredes a oportunidade de ver en directo como os artistas van creando as obras de o Rexenera Fest, que este ano chega á súa oitava edición. A evolución dos muros, a técnica que empregan, os bosquexos iniciais?? Para que non vos perdades nada, aquí deixámosvos o mapa coas localizacións de cada un do cinco murais e así poderedes facer vosa propia ruta.
Tamén vos deixamos o mapa coa localización de todos os murais de arte urbana que se pintaron en todas as edicións anteriores do festival desde o ano 2015, incluíndo os que están en proceso estes días.
- Daan Botlek / Rúa Gravador Manuel Facal, 9
- Udatxo / Rúa Coruña, 3
- Alba Fabre / Avenida da Milagrosa, 23
- Twee Muizen / Rúa Gran Vía, 87
- Marija Tiurina / Rúa Oriente, 7
Esperámosvos por Carballo!