Localiza todos os murais do Rexenera Fest

Xul 15, 2020 | Arte urbano, Rexenera Fest

Podedes ver a localización dos cinco murais que se pintarán na edición de 2020 do festival, así como os traballos de edicións anteriores

Se vos achegades por Carballo entre o 16 e o 26 de xullo teredes a oportunidade de ver en directo como os artistas van creando as obras do Rexenera Fest. A evolución dos muros, a técnica que empregan, os bosquexos iniciais… Para que non vos perdades nada, aquí vos deixamos o mapa online coas localizacións de cada un dos cinco murais.

Tamén vos deixamos o mapa coa localización de todos os murais de arte urbana que se pintaron en todas as edicións anteriores do festival desde o ano 2015, incluíndo os que están en proceso estes días, así como o programa completo en PDF.

Agardámosvos por Carballo!

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This