Lituania chega ao Rexenera Fest con Marija Tiurina
A artista centra o groso do seu traballo na ilustración ou a acuarela, pero explora outros campos como o collage, a fotografía e, por suposto, os murais
Continuamos presentándovos aos artistas que van crear novas pezas de arte urbana para Carballo durante a celebración desta nova edición do Rexenera Fest. Trátase de Marija Tiurina, unha ilustradora de Lituania que actualmente reside en Londres. Conta con máis de dez anos de experiencia no campo da arte e o Deseño Comercial e con marcas como Apple, Saatchi & Saatchi, Disney, Wacom, Computer Arts, Microsoft… no seu curriculum.
Ela mesma afirma que a ilustración e as acuarelas son os principais obxectos da súa arte, pero tamén sae deses campos para xogar co collage, a fotografía, a escultura e obras de arte de técnica mixta. A variedade de proxectos nos que traballa van desde a publicidade, até libros impresos para nenos, pasando por xogos, arte conceptual, ilustración online… e, por suposto, o muralismo.
Con que nos sorprenderá Marija en Carballo? Pronto o saberemos…
Podedes botarlle un ollo ao seu traballo:
- Na súa web: https://marijatiurina.myportfolio.com/
- En Instagram: @marijatiurina