A inxenuidade do Rexenera Fest 2019 pona o italiano Millo

Derrubando muros con pintura, Rexenera Fest

O artista de sona internacional e recoñecido en todo o globo, Francesco Camillo Giorgino “Millo”, é outro dos nomes que están este ano no Rexenera Fest. Mostra nas súas obras a influencia dos seus inicios na área da arquitectura, reflectida nun vivo sentido do espazo, cunha distribución organizada dentro dun universo caótico. Pinta murais a grande escala que presentan a figuras case naíf e infantís que exploran a súa contorna urbana, marcando dalgunha maneira a inxenuidade humana. Utiliza liñas simples en branco e negro con toques de cor para resaltar as figuras ou determinados elementos.

A súa extensa obra pode verse en varios festivais de arte urbana ao longo e ancho de todo o mundo, ademais de pintar en Estados Unidos, Rusia, China, Australia, Tailandia, Arxentina, Chile, Marrocos, España, Portugal, Reino Unido, Holanda, Polonia, Lituania, Bielorrusia, Ucraína e, por suposto, Italia.  En 2014 gañou o concurso B. Art que lle permitiu pintar 13 murais de varios pisos na cidade de Turín. Os seus últimos murais en 2019, ademais de en Carballo, pintounos na India e Nova Zelandia.

K. Brooks, do Huffington Post dixo del: “Ás veces timidamente surrealista, outras veces no límite aterrador”.

______________________________

Máis info en https://www.millo.biz

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This