Franco Fasoli: o toque internacional do Rexenera Fest 2021

Mai 14, 2021 | Arte urbano, Rexenera Fest

Tamén coñecido como JAZ, Franco Fasoli é un dos artistas máis recoñecidos e talentosos do panorama arxentino, con obras espalladas por todo o mundo

O toque internacional do festival Rexenera Fest 2021 (entre o 3 e o13 de xuño) pono o arxentino Franco Fasoli, tamén coñecido como JAZ. Nado en Bos Aires en 1981 é un dos artistas máis coñecidos e talentosos do panorama arxentino. Escenografista e muralista, a arte de Fasoli, que comezou a utilizar as rúas como lenzo a finais do noventa, está influenciada polo seu estudo de toda a vida da cerámica e a icónica técnica do “fileteado” da capital arxentina.

Cara a fins da última década, Fasoli introduciu na súa obra as vívidas contradicións das sociedades latinoamericanas, os seus rituais e a súa aparente perpetua inestabilidade. Un dos aspectos máis rechamantes do seu traballo é a exploración de materiais e escala. Desde pinturas de gran formato en espazos públicos até obras máis pequenas en bronce e papel, a súa arte aliméntase da fluctuación de contextos e recursos.

En constante conflicto

A tensión entre a cultura global dominante e as subculturas como espazos de resistencia tamén o influíron tanto a nivel conceptual como nas súas accións ao longo da súa carreira. Múltiples formas de identidade individual e colectiva forman a columna vertebral sociolóxica do seu traballo. No formal, adoita recorrer a un amplo bestiario que utiliza como un pretexto metafórico para expor cuestións políticas e sociais. Na actualidade vive entre Barcelona e Bos Aires e as súas obras están espalladas por toda América (dende Bos Aires a Nova York) e tamén por toda Europa (Alemania, Dinamarca, Italia, España…).

Representado a través do conflito, a confrontación e a xuxtaposición discursiva, Fasoli non busca responder á pregunta, senón reelaborar constantemente o enunciado, cuestionando o cuestionamiento e volvendo cuestionarse a si mesmo.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This