Twee Muizen: ¡primeiros artistas do Rexenera Fest!
Os artistas galegos Twee Muizen (dous ratos en holandés), estarán en Carballo para pintar un mural e para impartir un taller de tufting
Arrinca un dos momentos máis interesantes de cada edición do Rexenera Fest, como é a presentación dos artistas convidados que seguirán creando obras de arte nas rúas de Carballo. Empezamos con Galicia con Twee Muizen, que son dous, Denis e Cris. Denis estudou Belas Artes e Cris Deseño de Moda. Xuntáronse, amábanse e, traballando nun almacén holandés, decidiron trasladar a corporación a un lugar máis pequeno pero máis animado. Volveron a Galicia e trouxeron consigo o nome: Twee Muizen, que en neerlandés significa dous ratos.
Forman a sinerxia perfecta, combinando a ilustración, a pintura e a creación dos seus recoñecibles art toys, pezas únicas deseñadas, debuxadas, cortadas, cosidas e enviadas por eles mesmos.
Actualmente viven e traballan en Barcelona, onde compaxinan o seu taller cunha zona de galería na que amosan as súas últimas pezas. Coas súas carreiras como muralistas non vemos a hora de ver que teñen en mente para as paredes de Carballo!
Podes botar unha ollada ao seu traballo por diferentes vías:
- Na súa web: shop.tweemuizen.com
- Instagram: @tweemuizen
OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO TUFTING
Ademais de poder gozar do seu traballo como muralistas Twee Muizen tamén participan nas actividades paralelas. Así, Cris impartirá do 8 ao 10 de xuño en Carballo, un Taller de iniciación ao tufting gun no que aprenderedes a facer o voso propio tapiz mediante esta técnica.
Teredes a oportunidade de probar dous tipos de métodos para crear diferentes texturas. Alfombras, tapices, coxíns… calquera idea téxtil que se vos ocorra pode coller forma!
- Inscricións abertas. Para participar, envía un mail achegando o teu portfolio a <actividades@rexenerafest.gal> antes do 1 de xuño.
+INFO EN: