CREA O TEU PROPIO ROTEIRO…

Se o que queres é pasear tranquilamente por Carballo e deixar que os murais che sorprendan para acabar facendo a túa propia ruta, podes facelo a través dunha visita guiada virtual. Só necesitas un teléfono móbil para vivir a experiencia e un aplicativo para ler os códigos QR que tes á túa disposición en paneis informativos diante de cada mural. Cando atopes algún dos grafitis, buscas o panel, fas clic e terás toda a información da obra.

Descargar o aplicativo para ler Códigos QR:

¿Que son os Códigos QR?

Un código QR é un código de barras con forma cadrada que pode almacenar datos. A maioría das veces o código remite á información contida nun sitio web. En cada un dos 72 murais de Carballo hai un panel informativo no que se pode atopar -ademais do título da obra, o autor, o ano de creación, ou unha numeración do mural por orde cronolóxica- un Código QR co que acceder a toda a información sobre a obra artística, incluíndo un texto explicativo e imaxes. O obxectivo é que cada quen viva e goce as pinturas como e cando queira.

A sinalización incorpora ademais unha antena NFC (Near Field Communication) un sistema que se usa, por exemplo, no pago contactless das tarxetas de crédito ou no pago co móbil, e que permite que os e as visitantes accedan de forma case instantánea aos contidos se teñen activado no móbil o sistema NFC.

A sinalización está financiada a través dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal