Cerca de 900 persoas: nas actividades do Rexenera Fest

Xuñ 17, 2021 | Arte urbano, Rexenera Fest

O museo ao aire libre de arte urbana de Carballo conta xa con case noventa obras realizadas por artistas de todo o mundo

Acaba de rematar unha nova edición do Rexenera Fest, a séptima xa, e Carballo loce unha nova faciana grazas ao traballo realizado polo seis artistas que nos acompañaron neste mes de xuño. Pero ademais de seguir derrubando muros con pintura, nun proceso creativo que veciñanza e visitantes puideron ver evolucionar en directo día tras día, o balance do Festival Internacional de Arte Urbana tamén inclúe os números derivados das actividades paralelas.

E as cifras falan por si mesmas: a pesar da pandemia, a participación nas actividades realizadas ao longo do dez días de festival rolda as 900 persoas, que gozaron dos xogos e das visitas guiadas polos preto de 90 murais que compoñen o gran museo ao aire libre que xa é Carballo. Moitas máis persoas iranse sumando a estas novecentas a través do programa constante de visitas guiadas que ofrecemos e para o que só é necesario reunir un grupo de persoas e encher un formulario.

Todas elas poderán gozar xa do traballo dos seis artistas de proxección estatal e internacional que nos visitaron este ano. As súas obras espéranas en distintos recunchos de Carballo:

  • Franco Fasoli (Arxentina): Rúa Río Miño | Rúa Río Sil. Deixa un mural titulado Disfraces de pandemia, veciños vixiantes e unha nai solteira. De tamaño monumental e realizado en menos dunha semana, tamén foi o primeiro en estar terminado.
  • Marta Lapeña (Madrid): Rúa Fábrica, 49 | Rúa Mirtos. A artista deixou un colorido homenaxe á olaría de Buño situado na entrada de Carballo desde a localidade malpicana.
  • Ana Langeheldt (Andalucía): Rúa Río Mandeo. Situado preto do edificio dos xulgados e á beira dun parque, o espírito onírico das obras da artista pode verse no seu mural.
  • Harsa (Aragón): Rúa Camelias. Esta artista e ilustradora pintou unha fermosa serea diante do parque que leva o mesmo nome que a rúa.
  • Van Vuu (Cataluña): Avenida da Milagrosa. Iván Floro, nome real de Van Vuu, deixa un precioso abrazo fiel ao estilo neo impresionista do autor.
  • MØU (Galicia): Rúa Rosalía de Castro con Gran Vía. É o único mural que aínda segue en proceso, xa que o artista incorporouse máis tarde, pero xa está a piques de terminalo.

 

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This