Carballo: “ruta bizarra”

Abr 15, 2021 | Arte urbano, Derrubando muros con pintura

Os murais de Derrubando Muros son unha vez máis noticia na televisión, esta vez nun programa de viaxes destinado a percorrer lugares distintos e orixinais

Non é a primeira vez que os preto de 90 murais de Carballo espertan a curiosidade dos medios de comunicación, ademais dos visitantes que veñen cada ano para ver o noso museo ao aire libre. Nesta ocasión, foi o programa Rutas Bizarras de La 2 de RTVE . Trátase dunha proposta que ensina a España que non sae nos percorridos turísticos, ese país estraño, tolo, sorprendente, ás veces incrible, pero sempre fascinante no que os nosos murais tiveron cabida. En forma de serie documental, os actores Marta Hazas e Xosé Touriñan, en ton de humor, descóbrennos os lugares máis estraños, incribles e sorprendentes da nosa xeografía.

No primeiro capítulo da tempada, visitaron Galicia e dedicaron un fragmento do programa a entrevistar a Yoseba MP, un artista que se dedica a facer unha serie de murais de “super avoas” galegas e que en Carballo deixou no seu momento a Fina de Carballo: a muller  Nitromón. Despois realizaron un percorrido por algúns dos nosos murais máis destacados.

En esta notivia podéis ver el fragmento de programa en el que sale nuestro proyecto de arte público y en el que, además de la entrevista con Yoseba MP pueden verse los siguientes murales:

Fina de Carballo: a muller Nitromón | Yoseba MP

A Orixe 2 |MOU

Sin título | Case Maclaim

Galician Wildlife | Dulk

Tribu humana | Jorit

Cara liberdade | O’Mighelo

I missed you | Natalia Rak 

  • Para ver el programa completo, clic en este enlace de “A la carta” de RTVE: https://www.rtve.es/v/5829953/
  • También tenemos una pequeña galería del “making-of”.
Marta Hazas e Touriñán diante do mural I missed you de Natalia Rak

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This