Carballo: museo ao aire libre

Out 25, 2018 | Derrubando muros con pintura, Rexenera Fest

Os nosos murais constitúen unha oportunidade artística única para gozar coa arte sen barreiras…

Museo:edificio onde se gardan e se expoñen ao público coleccións de obxectos que presentan un interese histórico, artístico, técnico… Ou non? E se un museo non ten por que ser un edificio? E se puideras admirar pinturas que son auténticas obras de arte paseando de vagar pola rúa e observalas tranquilamente tomando un café?

En Carballo, podemos facelo grazas a que as obras de Derrubando Muros con pintura e do Rexenera Fest constitúen un auténtico museo ao aire libre con propostas artísticas moi variadas que medran ano tras ano. Sorprenden ao visitante nos paseos polas rúas ao atopar obras case en cada esquina, xa que son máis de sesenta.

Os primeiros pasos foron coordinados pola artista italiana Roberta Venanzi e a manchega Paula Fraile, que comezaron co mural inaugural (O carballo) nunha medianeira dun vello edificio nunha das principais entradas á vila. Meses despois, un equipo de artistas locais uníase ao proxecto, e así pouco a pouco foron incorporándose muralistas e grafiteiros chegados dende todas partes do mundo, de lugares como a India, Xapón, Arxentina, Polonia, Portugal… cunha andaina que continúa ata o día de hoxe.

Non dubides en visitarnos, que ademais non cobramos entrada!

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This