Carballo gañará catro novos murais este verán!

Xul 29, 2021 | Arte urbano, Derrubando muros con pintura

Derrubando muros aposta pola creatividade local con catro novos artistas que intervirán noutros tantos espazos e tamén haberá charlas, talleres e concertos

Este verán Derrubando muros con pintura, a iniciativa centrada en acabar con boa parte do feísmo padecido nas rúas carballesas e en ir construíndo novos espazos cheos de cores e de arte, volve durante dez días. Entre o 12 e o 22 de agosto catro novas creadoras e creadores de Carballo realizarán outros tantos murais mentres a veciñanza pode ir observando o progreso do seu traballo. Isa Bermúdez, Nere Rama “Bailando na lúa”, Nazaret e Tucho serán os encargados de actuar na rúa Xazmíns, na traseira da Ludoteca Municipal, na rúa Igrexa -na zona do aparcamento do San Martiño- e por último na traseira do auditorio do IES Alfredo Brañas.

Trátase dunha aposta por novos valores da vila, xa que todos os artistas son moi xoves, ningún supera os 25 anos e unha delas ten só 19 anos. Trátase de Isa Bermúdez, titulada en Dourado, prateado e policromía pola EASD Pablo Picasso. Na actualidade é estudante de deseño de interiores na mesma escola. Xa conta con dous murais previos, un en Sobrado dos Monxes e outro en Santiago de Compostela. Nere Rama “Bailando na lúa” naceu en Xenebra pero é unha carballesa que actualmente está estudando o Grao de Belas Artes na Universidade de Vigo. Os seus proxectos persoais están especialmente ligados á pintura e ao debuxo, traballando cada vez nun formato maior, o que fixo que se interesara no muralismo. Ten pintado lenzos en directo con Orballo Cultural.

Nazaret Franco Rodríguez, Nazaret, está a estudar na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid un dobre grao en Fundamentos da Arquitectura e Deseño Integral e Xestión da imaxe, con especial interese no debuxo e a pintura. Entre as súas afeccións tamén está a ximnasia rítmica, sendo adestradora ademais de deportista federada. Por último, intervirá Antón Díaz, Tucho, carballés do Chorís e recen licenciado en Belas Artes, quen está previsto que actúe precisamente no seu barrio. En abril deste ano expuxo a súa obra no Pazo da Cultura de Carballo coa mostra “Nosa terra” -comisariada por Manuel Rodríguez- con cadros nostálxicos nos que aparecía desde a Dulcería Vella até unha escena no parque acuático de Cerceda, pero tamén con obras sobre o chapapote do Prestige ou os mártires de Sofán. El mesmo recoñece que bebe das fontes de Castelao, Laxeiro, Maside e Seoane, pero cunha mirada moi persoal.

Na imaxe de esquerda a dereita: Tucho, Nere Rama-Bailando na lúa, Isa Bermúdez, Nazaret, o Concelleiro de Turismo Xosé Regueira, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a Concelleira de Mocidade Maruxa Suárez Cotelo

Actividades paralelas

Además de tener la oportunidad de ver a estos nuevos creadores expresar todo su talento en cuatro nuevos murales que darán vida a las calles de Carballo, durante estos diez días de pintura también habrá actividades organizadas alrededor del arte, todas ellas gratuitas. El día 14 de agosto está previsto abrir oficialmente la programación con una cita en el palco de la calle Jacinto Amigo Lera. Así, habrá una charla-coloquio alrededor del arte urbano que se completa con un recital poético con aires rocanroleros en el que estarán la poetista y escritora carballesa Rosalía Fernández Rial y Mr. Kilombo.

Además, habrá talleres gratuitos para niñas y niños y para adultos coordinados por los cuatro artistas invitados:

  • Taller de rotulación: jueves 19 de agosto de 10.00 a 13.30 h. en un escaparate del Mercado Municipal. Para mayores de 16 años. Aforo máximo 8 personas.
  • Obradoiro de pintura para crianzas: domingo 22 de agosto de 10.00 a 13.00 h. Las niñas y niños que participen tendrán la oportunidad de pintar un nuevo mural en la calle Buenos Aires con la ayuda de los y de las artistas. Para niñas y niños de 6 a 11 años. Aforo máximo de 10.

Por último, el día 22 se cerrará la iniciativa con una ruta guiada por las nuevas obras de arte urbano y una cita sorpresa ya hacia el atardecer. En este caso se informará puntualmente en su momento de las y de los artistas invitados, de los horarios y de todos los detalles de los conciertos. Todas las citas se celebrarán respetando todos los protocolos de seguridad COVID-19. La iniciativa está organizada por la Concejalía de Promoción Económica y Turismo que dirige Xosé Regueira y la Concejalía de Juventud que dirige Maruxa Suárez Cotelo.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This