As dimensions de Daan Botleck: no Rexenera Fest

Xuñ 2, 2022 | Arte urbano, Rexenera Fest

Este artista urbano e ilustrador chgado dos Países Baixos adoita interactuar nas súas obras co espazo que as rodea

Despois do Rexenera Fest 2022, un pedazo dos Países Baixos quedará en Carballo para sempre. Entre o 2 e o 13 de xuño, o artista urbano e ilustrador holandés Daan Botlek, coñecido globalmente grazas aos seus particulares personaxes e conceptos gráficos, aterrará en Carballo para sorprendernos.

Cun estilo único e moi identificable, os seus debuxos, simples a primeira vista, agochan unha extrema complexidade en canto a concepto, técnica e forma. As líñas claras e o sutil uso da sombra, xunto cun gran sentido da composición e do movemento revelan un enorme coñecemento. As súas figuras, xeralmente esquemáticas, son creadas específicamente para cada sitio e acostuman a interactuar co espazo que as rodea, entrando e saíndo de dimensións invisibles.

Que dimensión se abrirá en Carballo? Saberémolo nos próximos días!

Podedes botarlle un ollo ao seu traballo aquí:

 

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This