Yoseba Mp
Joseba Muruzábal Pérez
Tooltip Text España (Cambre/Santiago de Compostela)
Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, nado en Cambre (A Coruña) e afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galicia. Licenciado en Belas Artes, o seu traballo caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. Desde os seus comezos foi colleitando un importante éxito, sendo as súas obras seleccionadas en numerosos certames e premiadas en varios concursos de artes plásticas.
Yoseba trae a Carballo a súa serie de murais chamada ‘Fenómenos do rural’ onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade.