Xoana Almar
Xoana Almar
Tooltip Text España (Santiago de Compostela)
Xoana Almar formouse como ilustradora, economista e antropóloga. Estudou en Granada e é alí onde comeza a traballar no campo da pintura a partir do 2008. No 2013 volve a Galicia e constitúe xunto a Miguel Peralta e Raquel Doallo a cooperativa Cestola na Cachola, onde exerce de muralista, pintora e ilustradora.
No seu traballo poden atoparse influencias de artistas clásicos/as da pintura galega e doutros actuais, especialmente relacionados co mundo da ilustración e do muralismo. A través dos seus personaxes, maioritariamente femininos, sobresae unha procura de formas sinxelas coas que tenta expresar unha personalidade ou historia de vida.