Tucho
Antón Díaz
Tooltip Text España (Carballo)
Antón Díaz, Tucho é un carballés do barrio do Chorís licenciado en Belas Artes. En abril de 2021 expuxo a súa obra no Pazo da Cultura de Carballo coa mostra «Nosa terra» -comisariada por Manuel Rodríguez- con cadros nostálxicos nos que aparecían desde a Docería Vella de Carballo até unha escena no parque acuático de Cerceda, pero tamén con obras sobre o chapapote do Prestige ou os mártires de Sofán. El mesmo recoñece que bebe das fontes de Castelao, Laxeiro, Maside e Seoane, pero cunha mirada moi persoal.
Foi un dos creadores das postais da campaña Máis de Carballo que ou pan para o concello de Carballo, na que creou unha postal na que aproveitou o seu cadro da Docería Vella, unha pastelaría xa pechada que lembra un tempo recente, pero xa pasado de Carballo, e á mítica dona do establecemento, Carmiña. No verán de 2021 foi convidado a pintar no proxecto Derrubando Muros con Pintura – Edición Verán na rúa Fábrica.
Aquí tedes as súas respostas ao noso «Derrubando test» para coñecelo un pouco mellor:
- Lugar favorito: Viejo San Juan
- Comida favorita: ovos fritidos con patacas fritidas
- Unha cor: branco
- Unha palabra: esquío
- Un sentimento: tranquilidade
- Artista favorito/a: Van Gogh
- Mural de Carballo favorito: Blade Trinity – Iván Floro, Van Vúu
- Unha técnica artística: pintura ao óleo
- En 10 anos estarei… en Baldaio