Sokram
Sokram

Tooltip Text España (Ordes)
Sokram, natural de Ordes (A Coruña) defínese a si mesmo coma “Deseñador de cancións & Cantante de imaxes”, xa que combina, mistura e fusiona ambas facetas artísticas.
Así, musicalmente forma parte dos grupos Sokram e de Dios ke te Crew, e antes de 5Talegos, unha personalidade irreverente do mundo do hip hop.
En canto a imaxes é parte de Mutante Creativo, onde desenvolve o seu traballo de deseño gráfico, arte mural, ilustración, audiovisual, creación musical,…
Xunto con Mou, é un grande impulsor da escena da arte urbana galega, destacando por ser o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas en Ordes e o RexeneraFest en Carballo, entre outros.
https://sokramutante.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/Mutante-Creativo-107428559380891/?pnref=about.overview