Sekone
Miguel Díaz
Tooltip Text España
Artista galego multidisciplinar a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúrrao a explorar diversos medios pictóricos, o que dá como resultado unha obsesión polo coidado do detalle e o perfeccionamento da técnica, saltando dun medio a outro e creando un discurso que bebe a partes iguais da nostalxia, o absurdo, o cotiá e a súa propia intimidade vital e creativa. Sekone comeza a pintar grafitti en 1996 en Vilagarcía.
Actualmente reside en A Coruña, onde se trasladou para formarse en ilustración e gráfica publicitaria. Logo de varios anos como deseñador no sector téxtil, retoma con forza a súa carreira artística participando en numerosas intervencións artísticas na rúa, ao tempo que participa en exposicións individuais e colectivas, e imparte obradoiros de arte urbana. As súas últimas exposicións foron as individuais Nin si nin non nin branco nin negro (2014), na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga (A Coruña) e Que está pasando (2015) na galería Monty4 (A Coruña) e a colectiva Somos mar (2015), na sala de exposiciós Palexco (A Coruña), dentro do Festival Mar de Mares.