Sabek
Sabek
Tooltip Text España (Madrid)
Sabek (1985) é un artista español, que empeza na arte urbana intervindo nas rúas e lugares abandonados nos arredores de Madrid, onde desenvolve o seu particular estilo nos primeiros anos da década dos 2000. Co paso do tempo evoluciona cara á produción de obras máis figurativas e empeza a experimentar con diferentes técnicas ademais do seu traballo na rúa. O seu estilo recoñécese pola representación de formas e cores fortes que aluden á orixe natural, especialmente naqueles animais nobres e poderosos que infunden unha forte sensación de respecto. Unha mestura de sutileza e poder en perfecto equilibrio coas sombras e masas de cores planas que usados nun aspecto case simbólico, coexisten á perfección cos detalles máis refinados.
A súa obra expón unha reflexión ao redor do ser humano e da súa relación coa natureza, a representación animal mostra a alegoría entre o equilibrio natural e as enerxías nela implícitas mediante formas minimalistas vexetais e humanas. O seu traballo pódese atopar en galerías de España, Francia ou EE.UU., así como en monumentais muros ao redor do mundo (EE.UU., Francia, España, Malaisia, Rusia ou Nova Zelandia).
En Carballo creou durante o Rexenera Fest 2020 a obra “Resilience” (“Resiliencia”) situada na rúa Buenos Aires.