Roberta Venanzi

Roberta Venanzi

Foto Roberta Venanzi

Tooltip Text Italia (Roma)

Naceu en Roma e actualmente vive e traballa entre Roma e A Coruña.
Graduouse con honores na Academia de Belas Artes de Roma como decoradora e logo obtivo o Diploma de Grado Especializado en Artes Visuais e Artes Escénicas, tamén con honores.
Durante os seus estudios, trasladouse durante un ano a Barcelona, onde, na Escola Massana, profundizou nas técnicas pictóricas, de gravado e mosaico. En xuño de 2012 obtivo un Máster en Arte Gráfico na Fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea) en Galicia e en setembro, foi seleccionada para participar no “II Encontro Alfara – CIEC”.
Roberta realizou varias exposicións individuais e grupais en Italia e noutros países. En 2013, o seu proxecto “P’dA – Camiños da Arte” foi seleccionado no MACRO (Museo de Arte Contemporáneo de Roma) para o “Festival de la Creatividad (febreiro-marzo de 2013). Nese mesmo ano, a galería de arte contemporánea “Monty4” de A Coruña asígnalle unha subvención de produción artística de tres meses e, ademais foi seleccionada para expoñer no Instituto Nacional de Artes Gráficas en Roma para unha mostra colectiva de xóvenes gravadores.
Traballou coma técnica de laboratorio e asistente para o curso de Serigrafía e Arte Gráfica da profesora Marilena Sutera na Academia de Belas Artes de Roma, na que continúa a colaborar como “cultore di materia” para a cátedra de Serigrafía.
En Carballo, deixou a súa pegada con varios murais, sendo ela xunto con Paula Fraile as coordinadoras iniciais do proxecto.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This