Rakele

Rachele Calvo Martínez

Foto Rachele Cavallo (Rakele)

Tooltip Text España (Carballo)

Rachele Cavallo, Rakele, artista carballesa, naceu en Milán (Italia), cidade na que durante a súa mocidade se forma como Técnica Auxiliar en Imaxe e Son, na especialidade de imaxe fotográfica. Xa en España, seguiu formándose no campo da gráfica publicitaria na escola de Artes Pablo Picasso da Coruña, que foi complementando con diversos cursos formativos sobre o deseño gráfico e a produción multimedia. Segundo propias palabras da artista, ela pintou desde sempre pero nunca de maneira profesional, ata que en 2014 comeza a tomar a súa paixón en serio. Desde entón ata a actualidade, participou en numerosos proxectos artísticos, entre eles no Derrubando muros con pintura. Durante dous anos, formou parte do colectivo de artistas Creaformas de Carballo. Segundo Rakele, segue inmersa no mundo da arte con moitísima ilusión e entusiasmo, os cales son propios de alguén que continúa aprendendo cada día, sumando así experiencia e seguridade.

 

 

 

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This